venres, 11 de xullo de 2014

Manifestación anti-represiva (sábado 12 de xullo)

Baixo o lema 'reprímennos a nós para asustarte a ti' a 'Plataforma contra a represión' chama a manifestarse o sábado 12 de xullo ás 20h con saída dende a Praza de María Pita. A máis represión, máis mobilización!!

mércores, 2 de xullo de 2014

I Festival da Revolta

O diñeiro recadado será para que o delegado do CEL Coruña poida asistir ao Congreso Estudantil Libertario (14, 15 e 16 de xullo en Madrid), para o colectivo Revolta e para axudar na reconstrución do centro social Can Vies (barrio de Sants, Barcelona).

martes, 24 de xuño de 2014

Xornadas da Revolta


Xoves 26 - CNT (Rúa Washington 36 baixo || Monte Alto, Coruña)
16h - Pedagoxía libertaria [por Jaime García de CEL Coruña]
18h - Presentación do Proxecto Integral da Coruña

Venres 27 - CS Gomes Gaioso (Rúa Marconi 9 baixo || Monte Alto, Coruña)
17:30h - Reintegracionismo [por Xavier Rodrigues de AGIR]
20H - Micromachismos nos movementos sociáis [por Iria Zas de Feministas Autónomas]

sábado, 21 de xuño de 2014

21 xuño: Rodea o parlamento

Revolta estivo presente en Compostela no 'Rodea o parlamento' do 21 de xuño, enchendo as súas rúas de
dignidade:




mércores, 4 de xuño de 2014

En defensa dos espazos autoxestionados (venres 13 de xuño)

Convocada concentración para o venres 13 de xuño en defensa dos espazos autoxestionados. Espazos que serven como ferramentas contra o capitalismo e a opresión que sufrimos diariamente.
A concentración será ás 19h no Obelisco. Agardámoste!!


mércores, 14 de maio de 2014

TODOS CON PEPITA E CONTRA A REPRESIÓN

Manifesto da 'Plataforma pola absolución de Pepita e contra a represión':  

Defender ás presas e presos políticos non é un delito!

O pasado mes de Marzo, Pepita Seoane Vaz recibiu unha notificación na que se lle insta a comparecer nos xulgados da Coruña o próximo 12 de Xuño en calidade de imputada. Nela, a Audiencia Nacional, Tribunal Político, acusa a Pepita de “un posible delito de enaltecemento do terrorismo” por unhas declaracións súas ao diario El Mundo que foron publicadas o 7 de xullo de 2013 co título de “Nin a nai nin os fillos GRAPO arrepíntense”. Unha pseudo entrevista na que todas as preguntas perseguían obter de Pepita a “condena do terrorismo” e a súa “solidariedade coas vítimas”, táctica moi recorrente que os xornalistas a soldo do Estado utilizan para poñer a disidencia no punto de mira da represión.

Un novo ataque contra o movemento de solidariedade

Fai xa anos que, dende o movemento pro-amnistía, vimos denunciando o empeño do Estado en rematar con calquera xesto de solidariedade cos presos e presas políticas a través de todo un arsenal de leis que castigan, entre outros feitos, cousas como portar as súas fotos en manifestacións ou realizarlles homenaxes. Unha campaña que comezou coas ilegalizacións de organizacións como Xestoras Pro-Amnistía ou os Comités por un Socorro Roxo Internacional e que non só non foi a menos senón que se mantivo e se agrava día a día co aumento do descontento e a protesta social. Non é a primeira vez que dende os medios de comunicación relacionan aos presos políticos cos manifestantes do Gamonal, 22 M, asi como con todo tipo de protesta social para acusalos a todos e todas de “terrorismo”.
Tampouco é casual que a imputación de Pepita por “enaltecemento do terrorismo” cadre precisamente no tempo coa derrogación da coñecida como “Doutrina Parot”, a saída do cárcere a do seu fillo Suso Cela Seoane e a súa homenaxe e a de outras dúas ex-presas políticas galegas: Aurora Cayetano e Iolanda Fernández, todo vinculado a sua loita continua na defensa de todolos presos políticos. Estes acontecementos situaron ao noso COMITÉ e moi especialmente a Pepita no centro dos ataques da prensa, chegando a sinalala dende as súas páxinas como “a matriarca ideóloga dos GRAPO”.
Máis de trinta anos de loita polos dereitos dos seus fillos e todos os presos
Moita xente na nosa cidade, no noso pobo e mesmo no resto do Estado coñecen a historia de Josefa Seoane Vaz. Neta, filla e esposa de garda civil, a nosa Pepita rachou con boa parte do seu ámbito tras a primeira detención e torturas que sufriu o seu fillo Paco alá polos primeiros anos 80. Detencións, torturas e encarceramentos que se irían sucedendo e que afectarían aos seus tres fillos: Paco máis de 30 anos de cárcere -e aínda segue sumando- Suso 28 e mesmo Carlos que pasou pasou 10 meses en prisión por un presunto delito de “colaboración con banda armada” polo que nunca chegou a celebrarse ningún xuízo.
Varias décadas durante as cales Pepita non deixou nin por un momento de acompañar e sobre todo denunciar a situación tanto dos seus fillos como a dos seus compañeiros e compañeiras presas. Presos políticos maioritariamente pero tamén presos sociais. É por isto polo que esta incansable loitadora gañou de sobra o título de ser a nai de moitos outros presos e presas. Practicamente non hai cárcere do Estado Español á que Pepita non fora ver algún detido ou detida. Miles e miles de cartas escritas do seu puño e letra para facer chegar a súa solidariedade, a solidariedade da rúa, do pobo traballador, cos seus presos e presas.

 

Un referente do movemento de protesta na rúa

Mais Pepita non é coñecida unicamente entre os presos e presas, tamén o é, e moito na rúa, por estar sempre aí, en todas as manifestacións, charlas e actos no que se expresa a voz dos oprimidos. Ducias e ducias de mobilizacións e actos de todo tipo nos que esta muller segue participando para denunciar as inxustizas do sistema capitalista. Dende o movemento veciñal, de parados, contra os recortes, pola defensa dos dereitos dos traballadores ata o movemento insubmiso, ocupa ou o feminista. Pepita non deixou de estar nunca “na primeira liña da fronte” e iso a pesar do delicado estado de saúde e os seus actuais 75 anos.

O Estado quere apagar as voces críticas

É obvio que estamos ante un intento de meterlle medo non só a Pepita senón -e principalmente- ao conxunto de movemento de solidariedade coas persoas presas e máis en xeral a todos os que dunha ou outra forma se enfrontan ao Estado. É por iso polo que os xuíces non dubidan en facer pasar polos tribunais a unha muller de idade tan avanzada á que pouco ou nada pode asustar unha ameaza de dous anos de cárcere polo tal “enaltecemento do terrorismo”. Do que se trata é de castigar o exemplo de coraxe e dignidade dunha nai que non ten renegado dos seus nin tampouco das ideas dos seus fillos. Por que esa coraxe e esas ideas son, en definitiva, o motor que levaron a Pepita a converterse nesa muller que non cala ante ninguén, nin sequera cos periodistas-policias de El Mundo e outros medios de desinformación da súa mesma ralea.

“Se tocan a Pepita tócannos a todas”

Con este titular un Colectivo Feminista da nosa cidade recollía o sentir xeneralizado que se produzo entre nós ao coñecer a noticia da imputación de Pepita. Tócannos a todos por que nela golpean de fronte aos nosos dereitos máis elementais, como o é o dereito a expresarnos libremente sen que a ninguén se nos poida meter no cárcere por iso. Tocan o dereito á solidariedade e o dereito á protesta.
Son, polo tanto, tamén os nosos dereitos os que debemos defender apoiando a Pepita, mobilizándonos para pedir a súa libre absolución. Do mesmo xeito que debemos defender a todas as verdadeiras vítimas do terrorismo: os centos de mallados, mutilados e detidos nas últimas manifestacións contra a crise económica; os que levan décadas no cárcere polo seu compromiso políticos e os que mozos e mozas que hoxe están a ser igualmente castigados con prisión por enfrontarse á policía nas rúas de todo o Estado.

Non máis represión, Pepita Absolución!

É por todo o anterior e por moitas outras máis cousas polo que dende a PLATAFORMA POLA ABSOLUCIÓN DE PEPITA E CONTRA A REPRESIÓN solicitamos o apoio activo de todos os colectivos da cidade, da Galiza e do resto do Estado para con esta muller. Mobilizacións que culminarán cunha Concentración diante dos Xulgados da Coruña o próximo 12 de xuño ás 10,00 H e para a que queremos aglutinar ao maior número de xente posible co fin non só de conseguir a libre absolución de Pepita, se non de parar este novo atropelo e evitar na medida das nosas forzas outros futuros.

Extraído de 'Comités de solidariedade'.

martes, 29 de abril de 2014

Concentración feminista Venres Santo (18/4/'14)

Manifesto lido na concentración feminista do venres 18 de abril de 2014 convocada por Revolta, CEL Coruña e Acción Antifascista Coruña (AAC):


'Boas compañeirxs, unha vez máis reunímonos aquí para non deixar caer no esquecemento as mulleres mortas a mans da violencia machista. Nesta data sinalada no calendario da Igrexa Católica, seita que leva denigrando e infravalorando a muller durante séculos, chamamos a loitar contra esta represión inxustificada, a combater o patriarcado e a lograr a igualdade entre xéneros.

Un só día ao ano non é suficiente para recordar a todas aquelas loitadoras, coma as 120 mortas na fábrica de Nova York, e actualmente a morea de mulleres que padecen a violencia machista; A loita son os 365 días ao ano, e en cada festividade patriarcal coma estas festas estaremos aquí para recordalo.

Estamos fartxs de que dende que chegamos ó mundo se nos ensine a que o normal sexa que un ser humano teña que axustarse a un prototipo. Prototipos que implican ser un simple manequín cun determinado corpo e monicreques desta sociedade.

Non queremos ser meros manequíns na publicidade, onde moitas veces se nos representa nunha posición de inferioridade e dependencia, mostrando o noso corpo coma un obxecto sexual.

Non queremos escravas sumisas desta destrutiva sociedade que aínda nos fai crer que iso do machismo e a inferioridade da muller xa está erradicado. 

Non queremos os teus piropos, nin ser consideradas inferiores por ninguén, queremos o teu respeto e o teu apoio na loita por conseguir a verdadeira igualdade entre homes e mulleres.

Debemos loitar por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres.'

domingo, 6 de abril de 2014

Máis represión, máis loita social!

 O xoves 10 de abril ás 20h no Obelisco sairemos ante a crecente represión e en solidariedade coas detidas polos enfrentamentos do 22M en Madrid, as detidas pola folga estudantil do 26 e 27 de marzo, as detidas en Compostela o pasado luns 7 de abril e pola liberdade das presas políticas. Ante a súa represión, loita social!!




luns, 31 de marzo de 2014

Comunicado conxunto sobre Folga 26M-27M e o SdE

Revolta e o CEL Coruña decidimos secundar dunha maneira crítica a folga convocada en todo o Estado español polo Sindicato de Estudantes para os días 26 e 27 de marzo e acudimos á manifestación da Coruña que tivo lugar ás 12:00h na Praza da Palloza o día 27 de marzo.

Non consideramos esta folga tal e como está plantexada un avance nin unha ferramenta de loita para a clase obreira senón como un elemento desmobilizador. Desmobilizadora como as múltiples folgas convocadas polo SdE nas que non se ten en conta ao estudantado e nas que non se logra nada máis que dar un paseo, minando a moral dos que acuden a estas manifestacións. Tamén queremos sinalar que todo aquel que non fai o que o SE ordena nas súas manifestacións debe aterse ás consecuencias, como ser expulsado da manifestación (algo que lle ocorreu á CNT en Madrid o 27 de marzo de 2014) ou que chamen á policía se a xente decide pasar á acción (como en Vigo na folga do 20 de novembro de 2013).

O SdE é unha organización cunha estrutura totalmente vertical e que percibe decenas de miles de euros en subvencións por parte do Estado español, curiosa forma de combater ao Estado e de ser revolucionario a do SdE. Tanto pola súa ideoloxía reformista como por estes lazos, o SdE non ten ningunha intención de suplantar o sistema de explotación capitalista, sistema que só poderá superarse mediante o estalido revolucionario.

Na pasada manifestación do día 27 berramos alto e claro o que é o Sindicato de Estudantes con cánticos como: “Sindicato do Estado, mercenarios e chivatos”.

POR UN MOVEMENTO ESTUDANTIL COMBATIVO E DE CLASE!

venres, 14 de marzo de 2014

Palavea resiste!!

Dende Revolta unímonos ao chamamento da asemblea do C.S.O. Palavea para defender o centro social das farpas do capital. Tamén animamos á xente a acudir ás Xornadas de Resistencia que terán lugar estos días no centro social. Palavea resiste!!

>Comunicado da asemblea do C.S.O. Palavea:
"Dende a asamblea do CSO Palavea queremos difundir o seguinte comunicado:
O Xulgado acaba de fixar a data límite para que abandonemos o edificio do Centro Social Okupado de Palavea. O vindeiro luns 17 de marzo a partir das 12 hs a policia nacional poderá desaloxar este espazo liberado que moitos de vos coñecedes.
Dende a asamblea da okupa facemos un chamamento ós rebeldes e solidarios a que veñades a resistir connosco contra os envites do capitalismo depredador, na súa procura de rematar co noso proxecto autoxestionado en aras da especulación urbanística e dos intereses financeiros dos ricos e poderosos. Por iso chamamos a ACUDIR O LUNS 17 ÁS 10:00 Á PORTA DO C.S.O. PALAVEA A RESISTIR CONTRA O DESALOXO deste o noso (e o voso) espazo liberado.
Para festexar a nosa rebelde desobediencia desenvolveremos dende agora e ata rematar esta fin de semana as Xornadas de Resistencia, con variadas actividades lúdicas, concertos, encontros e palestras. E xusto ao remate das mesmas, na mañá do luns, prantaremos cara xunt@s aos envites da xustiza do capital.
OKUPAMOS E RESISTIMOS
CONTRA O ESTADO E O CAPITAL, LOITA SOCIAL!!!"

xoves, 20 de febreiro de 2014

20F Folga Estudantil

Acudimos con CEL-Coruña á manifestación da folga estudantil do 20 de febreiro na que repartimos panfletos chamando á organización e á loita do pobo contra o sistema capitalista xa que entendemos que é o único camiño.
Aprobeitamos tamén para solidarizárnos cos estudantes que sufriron a brutalidade policial en Santiago de Compostela e Vigo.


Panfleto.
Foto da manifestación.

domingo, 2 de febreiro de 2014

Video e fotos da manifestación do 17 de xaneiro

O pasado 17 de xaneiro saímos ás rúas xunto con CEL na manifestación convocada por Acción Antifascista Coruña (AAC) para solidarizarnos coa xente de Gamonal (barrio de Burgos) e para protestar contra as leis reaccionarias:
  
Video da manifestación. (via Galiza Contrainfo):


Imaxen via @Eloytp

Imaxen via @CELCorunha

Imaxen via @Twivvan