martes, 29 de abril de 2014

Concentración feminista Venres Santo (18/4/'14)

Manifesto lido na concentración feminista do venres 18 de abril de 2014 convocada por Revolta, CEL Coruña e Acción Antifascista Coruña (AAC):


'Boas compañeirxs, unha vez máis reunímonos aquí para non deixar caer no esquecemento as mulleres mortas a mans da violencia machista. Nesta data sinalada no calendario da Igrexa Católica, seita que leva denigrando e infravalorando a muller durante séculos, chamamos a loitar contra esta represión inxustificada, a combater o patriarcado e a lograr a igualdade entre xéneros.

Un só día ao ano non é suficiente para recordar a todas aquelas loitadoras, coma as 120 mortas na fábrica de Nova York, e actualmente a morea de mulleres que padecen a violencia machista; A loita son os 365 días ao ano, e en cada festividade patriarcal coma estas festas estaremos aquí para recordalo.

Estamos fartxs de que dende que chegamos ó mundo se nos ensine a que o normal sexa que un ser humano teña que axustarse a un prototipo. Prototipos que implican ser un simple manequín cun determinado corpo e monicreques desta sociedade.

Non queremos ser meros manequíns na publicidade, onde moitas veces se nos representa nunha posición de inferioridade e dependencia, mostrando o noso corpo coma un obxecto sexual.

Non queremos escravas sumisas desta destrutiva sociedade que aínda nos fai crer que iso do machismo e a inferioridade da muller xa está erradicado. 

Non queremos os teus piropos, nin ser consideradas inferiores por ninguén, queremos o teu respeto e o teu apoio na loita por conseguir a verdadeira igualdade entre homes e mulleres.

Debemos loitar por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres.'

domingo, 6 de abril de 2014

Máis represión, máis loita social!

 O xoves 10 de abril ás 20h no Obelisco sairemos ante a crecente represión e en solidariedade coas detidas polos enfrentamentos do 22M en Madrid, as detidas pola folga estudantil do 26 e 27 de marzo, as detidas en Compostela o pasado luns 7 de abril e pola liberdade das presas políticas. Ante a súa represión, loita social!!