sábado, 24 de maio de 2014
mércores, 14 de maio de 2014
TODOS CON PEPITA E CONTRA A REPRESIÓN
Manifesto da 'Plataforma pola absolución de Pepita e contra a represión':
Defender ás presas e presos políticos non é un delito!
O
pasado mes de Marzo, Pepita Seoane Vaz recibiu unha notificación na que
se lle insta a comparecer nos xulgados da Coruña o próximo 12 de Xuño
en calidade de imputada. Nela, a Audiencia Nacional, Tribunal Político,
acusa a Pepita de “un posible delito de enaltecemento do terrorismo” por
unhas declaracións súas ao diario El Mundo que foron publicadas o 7 de
xullo de 2013 co título de “Nin a nai nin os fillos GRAPO arrepíntense”.
Unha pseudo entrevista na que todas as preguntas perseguían obter de
Pepita a “condena do terrorismo” e a súa “solidariedade coas vítimas”,
táctica moi recorrente que os xornalistas a soldo do Estado utilizan
para poñer a disidencia no punto de mira da represión.
Un novo ataque contra o movemento de solidariedade
Fai
xa anos que, dende o movemento pro-amnistía, vimos denunciando o empeño
do Estado en rematar con calquera xesto de solidariedade cos presos e
presas políticas a través de todo un arsenal de leis que castigan, entre
outros feitos, cousas como portar as súas fotos en manifestacións ou
realizarlles homenaxes. Unha campaña que comezou coas ilegalizacións de
organizacións como Xestoras Pro-Amnistía ou os Comités por un Socorro
Roxo Internacional e que non só non foi a menos senón que se mantivo e
se agrava día a día co aumento do descontento e a protesta social. Non é
a primeira vez que dende os medios de comunicación relacionan aos
presos políticos cos manifestantes do Gamonal, 22 M, asi como con todo
tipo de protesta social para acusalos a todos e todas de “terrorismo”.
Tampouco
é casual que a imputación de Pepita por “enaltecemento do terrorismo”
cadre precisamente no tempo coa derrogación da coñecida como “Doutrina
Parot”, a saída do cárcere a do seu fillo Suso Cela Seoane e a súa
homenaxe e a de outras dúas ex-presas políticas galegas: Aurora Cayetano
e Iolanda Fernández, todo vinculado a sua loita continua na defensa de
todolos presos políticos. Estes acontecementos situaron ao noso COMITÉ e
moi especialmente a Pepita no centro dos ataques da prensa, chegando a
sinalala dende as súas páxinas como “a matriarca ideóloga dos GRAPO”.
Máis de trinta anos de loita polos dereitos dos seus fillos e todos os presos
Moita
xente na nosa cidade, no noso pobo e mesmo no resto do Estado coñecen a
historia de Josefa Seoane Vaz. Neta, filla e esposa de garda civil, a
nosa Pepita rachou con boa parte do seu ámbito tras a primeira detención
e torturas que sufriu o seu fillo Paco alá polos primeiros anos 80.
Detencións, torturas e encarceramentos que se irían sucedendo e que
afectarían aos seus tres fillos: Paco máis de 30 anos de cárcere -e
aínda segue sumando- Suso 28 e mesmo Carlos que pasou pasou 10 meses en
prisión por un presunto delito de “colaboración con banda armada” polo
que nunca chegou a celebrarse ningún xuízo.
Varias
décadas durante as cales Pepita non deixou nin por un momento de
acompañar e sobre todo denunciar a situación tanto dos seus fillos como a
dos seus compañeiros e compañeiras presas. Presos políticos
maioritariamente pero tamén presos sociais. É por isto polo que esta
incansable loitadora gañou de sobra o título de ser a nai de moitos
outros presos e presas. Practicamente non hai cárcere do Estado Español á
que Pepita non fora ver algún detido ou detida. Miles e miles de cartas
escritas do seu puño e letra para facer chegar a súa solidariedade, a
solidariedade da rúa, do pobo traballador, cos seus presos e presas.
Un referente do movemento de protesta na rúa
Mais
Pepita non é coñecida unicamente entre os presos e presas, tamén o é, e
moito na rúa, por estar sempre aí, en todas as manifestacións, charlas e
actos no que se expresa a voz dos oprimidos. Ducias e ducias de
mobilizacións e actos de todo tipo nos que esta muller segue
participando para denunciar as inxustizas do sistema capitalista. Dende o
movemento veciñal, de parados, contra os recortes, pola defensa dos
dereitos dos traballadores ata o movemento insubmiso, ocupa ou o
feminista. Pepita non deixou de estar nunca “na primeira liña da fronte”
e iso a pesar do delicado estado de saúde e os seus actuais 75 anos.
O Estado quere apagar as voces críticas
É
obvio que estamos ante un intento de meterlle medo non só a Pepita
senón -e principalmente- ao conxunto de movemento de solidariedade coas
persoas presas e máis en xeral a todos os que dunha ou outra forma se
enfrontan ao Estado. É por iso polo que os xuíces non dubidan en facer
pasar polos tribunais a unha muller de idade tan avanzada á que pouco ou
nada pode asustar unha ameaza de dous anos de cárcere polo tal
“enaltecemento do terrorismo”. Do que se trata é de castigar o exemplo
de coraxe e dignidade dunha nai que non ten renegado dos seus nin
tampouco das ideas dos seus fillos. Por que esa coraxe e esas ideas son,
en definitiva, o motor que levaron a Pepita a converterse nesa muller
que non cala ante ninguén, nin sequera cos periodistas-policias de El
Mundo e outros medios de desinformación da súa mesma ralea.
“Se tocan a Pepita tócannos a todas”
Con
este titular un Colectivo Feminista da nosa cidade recollía o sentir
xeneralizado que se produzo entre nós ao coñecer a noticia da imputación
de Pepita. Tócannos a todos por que nela golpean de fronte aos nosos
dereitos máis elementais, como o é o dereito a expresarnos libremente
sen que a ninguén se nos poida meter no cárcere por iso. Tocan o dereito
á solidariedade e o dereito á protesta.
Son,
polo tanto, tamén os nosos dereitos os que debemos defender apoiando a
Pepita, mobilizándonos para pedir a súa libre absolución. Do mesmo xeito
que debemos defender a todas as verdadeiras vítimas do terrorismo: os
centos de mallados, mutilados e detidos nas últimas manifestacións
contra a crise económica; os que levan décadas no cárcere polo seu
compromiso políticos e os que mozos e mozas que hoxe están a ser
igualmente castigados con prisión por enfrontarse á policía nas rúas de
todo o Estado.
Non máis represión, Pepita Absolución!
É
por todo o anterior e por moitas outras máis cousas polo que dende a
PLATAFORMA POLA ABSOLUCIÓN DE PEPITA E CONTRA A REPRESIÓN solicitamos o
apoio activo de todos os colectivos da cidade, da Galiza e do resto do
Estado para con esta muller. Mobilizacións que culminarán cunha
Concentración diante dos Xulgados da Coruña o próximo 12 de xuño ás
10,00 H e para a que queremos aglutinar ao maior número de xente posible
co fin non só de conseguir a libre absolución de Pepita, se non de
parar este novo atropelo e evitar na medida das nosas forzas outros
futuros.
Extraído de 'Comités de solidariedade'.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)