luns, 31 de marzo de 2014

Comunicado conxunto sobre Folga 26M-27M e o SdE

Revolta e o CEL Coruña decidimos secundar dunha maneira crítica a folga convocada en todo o Estado español polo Sindicato de Estudantes para os días 26 e 27 de marzo e acudimos á manifestación da Coruña que tivo lugar ás 12:00h na Praza da Palloza o día 27 de marzo.

Non consideramos esta folga tal e como está plantexada un avance nin unha ferramenta de loita para a clase obreira senón como un elemento desmobilizador. Desmobilizadora como as múltiples folgas convocadas polo SdE nas que non se ten en conta ao estudantado e nas que non se logra nada máis que dar un paseo, minando a moral dos que acuden a estas manifestacións. Tamén queremos sinalar que todo aquel que non fai o que o SE ordena nas súas manifestacións debe aterse ás consecuencias, como ser expulsado da manifestación (algo que lle ocorreu á CNT en Madrid o 27 de marzo de 2014) ou que chamen á policía se a xente decide pasar á acción (como en Vigo na folga do 20 de novembro de 2013).

O SdE é unha organización cunha estrutura totalmente vertical e que percibe decenas de miles de euros en subvencións por parte do Estado español, curiosa forma de combater ao Estado e de ser revolucionario a do SdE. Tanto pola súa ideoloxía reformista como por estes lazos, o SdE non ten ningunha intención de suplantar o sistema de explotación capitalista, sistema que só poderá superarse mediante o estalido revolucionario.

Na pasada manifestación do día 27 berramos alto e claro o que é o Sindicato de Estudantes con cánticos como: “Sindicato do Estado, mercenarios e chivatos”.

POR UN MOVEMENTO ESTUDANTIL COMBATIVO E DE CLASE!

venres, 14 de marzo de 2014

Palavea resiste!!

Dende Revolta unímonos ao chamamento da asemblea do C.S.O. Palavea para defender o centro social das farpas do capital. Tamén animamos á xente a acudir ás Xornadas de Resistencia que terán lugar estos días no centro social. Palavea resiste!!

>Comunicado da asemblea do C.S.O. Palavea:
"Dende a asamblea do CSO Palavea queremos difundir o seguinte comunicado:
O Xulgado acaba de fixar a data límite para que abandonemos o edificio do Centro Social Okupado de Palavea. O vindeiro luns 17 de marzo a partir das 12 hs a policia nacional poderá desaloxar este espazo liberado que moitos de vos coñecedes.
Dende a asamblea da okupa facemos un chamamento ós rebeldes e solidarios a que veñades a resistir connosco contra os envites do capitalismo depredador, na súa procura de rematar co noso proxecto autoxestionado en aras da especulación urbanística e dos intereses financeiros dos ricos e poderosos. Por iso chamamos a ACUDIR O LUNS 17 ÁS 10:00 Á PORTA DO C.S.O. PALAVEA A RESISTIR CONTRA O DESALOXO deste o noso (e o voso) espazo liberado.
Para festexar a nosa rebelde desobediencia desenvolveremos dende agora e ata rematar esta fin de semana as Xornadas de Resistencia, con variadas actividades lúdicas, concertos, encontros e palestras. E xusto ao remate das mesmas, na mañá do luns, prantaremos cara xunt@s aos envites da xustiza do capital.
OKUPAMOS E RESISTIMOS
CONTRA O ESTADO E O CAPITAL, LOITA SOCIAL!!!"